Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.
A sala de exposicións Alterarte e o paseo da igualdade do campus de Ourense acollen a mostra Resalire. Con fotografía de Fuco Reyes, esta iniciativa da organización non gobernamental Igaxes forma parte da campaña #NonNosXulgues, pola desestigmatización da mocidade tutelada.
A importancia que teñen as e os artistas formados na Facultade de Belas Artes á hora de abordar a traxectoria e o presente da arte de acción en Galicia é un dos propósitos do novo volume da serie En tránsito, un conxunto de publicacións nas que egresados e egresadas afondan na súa traxectoria e proxectos.
Dentro das accións dun proxecto europeo, Dirección e Xestión Pública acolle unha exposición fotográfica sobre a Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 en Estonia, Letonia e Lituania, que por aquel entón formaban parte da URSS.
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi na noite deste mércores o escenario do tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que cada ano desenvolve de xeito rotatorio nas cidades nas que se asentan os seus tres campus.
Por terceiro ano consecutivo, o coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum ofrecerá o sábado 16 de decembro, ás 20.00 h, o seu concerto de Nadal.
Dar a coñecer o funcionamento dos bosques cun enfoque científico e ecolóxico é o propósito central de O bosque é a nosa casa, un libro divulgativo que Sara Fernández e Sonia Roig presentaron este martes na Escola de Enxeñaría Forestal.
A Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo, da Universidade de Vigo, celebrou este luns o acto de entrega de premios dun concurso de vídeos dirixido a pór o foco no conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razóns de idade.
Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D da Universidade de Vigo, acaba de recibir en Madrid o premio IPFest á traxectoria profesional, galardón que se entrega ao abeiro do IPFest, un evento de carácter profesional que botou a andar hai agora un ano.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo participaron este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nas IV Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas.
A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía aproveitou este mércores a celebración da súa patroa, Santa Bárbara, para presentar o museo virtual da Colección de Minerais de Manuel de Sas, unha exposición permanente de minerais instalada en 2018 no vestíbulo central da escola.