Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
O persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) volverá á rúa para achegar a investigación mariña que se desenvolve nos seus laboratorios a toda a cidadanía. E farao dun xeito lúdico e apto para todas as idades os vindeiros 17 e 18 de novembro a través das súas Xornadas de Portas Abertas.
Máis dun cento de estudantes de bacharelato tecnolóxico de diferentes centros da comunidade galega e do Programa de Maiores da UVigo participaron este venres na Xornada de Portas Abertas CINTECX 2023.
Alumnas e alumnos de varios institutos de ensino medio participaron este venres en Vigo na xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic, unha actividade organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic da Universidade de Vigo.
Nos últimos anos, a tecnoloxía favoreceu a transformación da xustiza e supuxo no eido concreto do Dereito Procesual un importante número de cambios, sometendo o proceso penal a unha serie de modificacións de gran calado. Para abordar este contexto de constantes e profundos cambios, o campus de Vigo acolle hoxe xoves e mañá venres un Congreso internacional sobre os Desafíos da xustiza penal na era dixital.
Comeza a conta atrás para a 2ª edición das Olimpíadas de Teleco, unha cita que o curso pasado trouxo ata a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a máis de 250 estudantes de ESO, Bacharelato e FP que tiveron neste centro o seu primeiro contacto ‘profesional’ co mundo das tecnoloxías.
A Cátedra Telefónica Espazos de Innovación da Universidade de Vigo pon en marcha unha nova edición do seus Premios de Innovación Sostible, unha convocatoria destinada a alumnado da UVigo cuxo traballo fin de mestrado estea centrado en temáticas relacionadas con obxectivos de desenvolvemento sostible, ODS, da Axenda 2030.
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar a oitava edición dos premios Sofía Novoa Ortiz dirixidos a fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de máster e fin de grao realizados polo alumnado dos campus de Pontevedra e Vigo.
Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i).
A celebración do Día Internacional da Tradución, que se conmemora o 30 de setembro, será este ano moi especial para a Universidade de Vigo, xa que coincide co 20 aniversario de Bitraga, a Biblioteca da Tradución Galega.
Académicos, estudantes e profesionais do sector de telecomunicacións reflexionaron este venres en Vigo sobre a situación dunha profesión que está en pleno auxe, cunha moi elevada demanda de profesionais, salarios por encima da media, pero con menos vocacións das que serían desexables.
Voute preservar, miñoca! Con este suxerinte título a Universidade de Vigo organizou para este venres unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. Será ao longo de todo do día no edificio Redeiras, na praza do Berbés, aberta ao público en xeral.
Despois de que o pasado venres o campus vigués acollese o acto inaugural do curso 2023/2024 das universidades galegas, este luns as aulas das diferentes facultades e escolas dos tres campus volvían encherse de alumnos e alumnas, no inicio da actividade académica na Universidade de Vigo.
Que o alumnado poida adquirir as competencias propias da súa titulación á vez que realiza un servizo á comunidade é o propósito de metodoloxía da aprendizaxe-servizo, a partir da que se articulan os once proxectos que o vindeiro curso permitirán a máis de 700 alumnos e alumnas contribuír ao labor dunha vintena de asociacións e colectivos.