O uso de diferentes medios para articular un determinado contido, desde a escritura ao audiovisual e as novas tecnoloxías, centra deste este luns o ciclo de conferencias Narrativas multimodais nas aulas. Ideas e ferramentas, que busca achegar ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a outra serie de recursos, como o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, con potencial para converterse en ferramentas docentes. Como tamén o son a articulación de instalacións e recreacións que permitan trasladar á aula un determinado ambiente ou contorna natural, eixo da conferencia e taller que ao longo da tarde imparten neste mesmo centro representantes da Escola Infantil Agasalle, de Santiago de Compostela.
02/04/2018