O deseño e a impresión 3D, xunto coa programación de compoñentes electrónicas, son os eixos do taller Iniciación ás habilidades maker. Deseño, creación, programación, autofabricación e reciclado, que, dentro do programa de obradoiros de Extensión Universitaria impulsados pola Vicerreitoría do campus, busca dotar ao alumnado das nocións e ferramentas necesarias para iniciarse na “autofabricación” de aparellos, así como na programación e adaptación de recursos xa existentes.
23/03/2021