“Gañar un premio outorgado por unha revista de prestixio internacional, un dos referentes no ámbito científico das antenas e a propagación de ondas, representa un recoñecemento á calidade da nosa investigación, é como dicir que dende un recuncho do noroeste ibérico pódese facer ciencia e ciencia de calidade internacional”. Así de orgulloso e satisfeito se amosaba este venres o director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de atlanTTic Íñigo Cuiñas tras coñecer que un equipo de investigadores da súa escola, entre os que se encontra, acaban de gañar o IET Premium Award 2018, o premio ao mellor artigo publicado na revista IET Microwaves, Antennas and Propagation nos últimos dous anos.
06/07/2018