Desde este luns permanece na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte unha estrutura que emula un milladoiro que, en lugar de ir incorporando pedras, vai sumando as verbas que as e os integrantes da comunidade universitaria poden colocar nel con papeis adhesivos.
Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará este xoves na libraría Librouro de Vigo a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante).
Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Xunto ás aulas de teatro e danza, a de música tradicional galega é unha das máis consolidadas no campus de Ourense. Este cuadrimestre, a aula esgotou de novo as súas 13 prazas dispoñibles.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".
Fundadora do coro do IES A Xunqueira I e profesora de música neste instituto, María Luisa Sánchez convértese este curso na nova directora do coro do campus de Pontevedra. Promovida pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello, trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía.
Despois do seu paso por Vigo, a exposición Arqueoloxía dixital galega xa se pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Está comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra os días 20 e 27 de outubro as xornadas Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.
A Vicerreitoría do campus suma unha nova iniciativa á Aula Permanente de Música Tradicional Galega na que máis de 40 persoas inícianse ou perfeccionan o seu manexo de diferentes instrumentos. Trátase dun Grupo de Música Tradicional para o que se seleccionarán dez persoas.
Pór en valor a importancia, tanto para a saúde como para o medio ambiente, do consumo de alimentos de proximidade e dunha mobilidade sostible. Estes foron os motivos centrais das dúas actividades desenvolvidas este xoves no campus de Pontevedra, unha feira de produtos ecolóxicos e a inauguración dun 'carril-bici-vaca'.
Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i).