O proxecto de investigación Magnet-Il-18, coordinado pola investigadora e líder do grupo de Nanomateriais Híbridos do CINBIO, Verónica Salgueiriño, explora novas estratexias terapéuticas para pacientes con trastornos do sistema inmune.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
Existe un equilibrio de xénero no equipo do consorcio? Dáse esa mesma equidade nas posicións de liderado e toma de decisións? Este martes presentouse no Cintecx unha guía práctica para integrar a perspectiva de xénero nas investigacións tecnolóxicas e industriais.
Grupos de investigación da Facultade de Ciencias e da Facultade Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense desenvolveron un proxecto no que, desde os seus respectivos eidos, propoñen estratexias para a xestión sostible de residuos vitivinícolas na provincia de Ourense.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, é un dos 13 socios que participan no proxecto europeo Retina, dirixido a desenvolver dous sensores baseados en tecnoloxías fotónicas para mellorar diferentes procesos no ámbito da saúde, a automoción e a agricultura.
Os socios do proxecto europeo Ecotours, financiado con 1, 3 millóns de euros e no que a Universidade de Vigo é única representante española, levan meses traballando no deseño de estratexias que permitan revitalizar zonas costeiras rurais de distintas áreas de Europa, entre elas Galicia.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
Concienciar á comunidade educativa e a sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático. Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte desde 2018 do Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre-EMBRC), unha rede de infraestruturas de investigación pan-europea.
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
O proxecto SOSFood utilizará o potencial das tecnoloxías de explotación de datos e a Intelixencia artificial (IA) para proporcionar unha imaxe precisa e global do sistema alimentario europeo, promovendo así o desenvolvemento de ferramentas preditivas. O consorcio, liderado pola Universidade de Vigo e no que participan 17 entidades de toda Europa, celebrou este venres en Santiago de Compostela a súa xuntanza de lanzamento.