Como muller, como estranxeira e como sabia, a Medea que presenta Eurípides na súa obra representa unha tripla oposición á identidade clásica da civilización grega, contraria ao prototipo ideal da época helena definido polo home, grego e tradicional. Foi precisamente esta fascinación e a demonización desta figura o que a levou a Almudena Pérez de Oliveira a centrar a súa tese de doutoramento nas claves históricas e sociais para unha relectura da Medea de Eurípides.
12/05/2021