Despois de parar a súa actividade debido á pandemia, as rutas culturais da Universidade volven á palestra. A Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza para este primeiro cuadrimestre catro andainas nas provincias de Ourense e Pontevedra que teñen como obxectivo volver a fomentar o hábito de camiñar. Como en anteriores edicións, a iniciativa está aberta tanto á participación da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral.
27/09/2021