Da man dos principais axentes do sector do automóbil, a Universidade de Vigo vén de poñer en marcha a segunda edición do Máster en tecnoloxías e procesos na industria da automoción. O acto de apertura, que se celebrou este xoves, contou coa presenza dos representantes das entidades colaboradoras, o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, CEAGA; o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG e PSA Peugeot-Citroën. Na benvida aos novos estudantes, o vicerreitor de Planificación, José Cidrás, destacou a estreita colaboración entre as tres entidades e a Universidade “o que nos permite ofrecer un master equilibrado, coa docencia tanto de man de profesores como de profesionais de prestixio, respondendo ás necesidades reais do sector”.
24/09/2009