Galicia conta con preto de 2 millóns de hectáreas de monte, das que preto de 600.000 corresponden a parcelas improdutivas ou pouco propicias para o seu aproveitamento madeireiro, pero que, cunha xestión integral, poderían destinarse a outros usos. Esta idea constitúe o punto de partida do proxecto Multi-Forest, coordinado desde a Escola de Enxeñaría Forestal.
27/02/2024