Desde principios de xaneiro na conserxería do Edificio Xuridico-Empresarial, ademais de Cati, Julia, Arturo e Jose, cada mañá hai un membro máis. Trátase de José Manuel Lorenzo. El é un dos dous beneficiarios do convenio de colaboración que ten asinado este curso a Universidade de Vigo coa asociación Down Ourense para o desenvolvemento dun programa específico de integración laboral de persoas con discapacidade. “Estou moi contendo de volver a estar aquí. Gústame moito traballar no campus”, destaca José Manuel Lorenzo, que xa estivo no curso 2011/2012 no mesmo posto ao abeiro dunha convocatoria anterior da mesma iniciativa, que busca contribuír á autonomía e integración deste colectivo.
26/02/2014