Redegal e Imago, dúas empresas formadas por alumnos e ex alumnos da Escola de Enxeñaría Informática de Ourense, recibiron o premio Vivero, outorgado aos xoves emprendedores con proxectos interesantes a nivel tecnolóxico. O galardón consistente nun stand gratuíto en SIMO, o simposio de informática máis importante de España, foi outorgado a 54 empresas, das que só tres son galegas.
Os galardoados, Imago e Redegal, foron presentados polo director da Escola, Enrique Barreiro, coma outro dos éxitos vinculados ao I+D+i cos que o centro pretende achegar ao ámbito científico e académico á sociedade.
23/10/2007