Bagup, Tuofertalocal e Fidex Track. Estes son os nomes dos tres primeiros proxectos de emprendemento que ocuparán un niño na preincubadora universitaria do campus Ourense Piuvi-Tecnópole Ou. Os seus cinco promotores, estudantes da Universidade de Vigo tratarán desde este espazo, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, de converter en realidade as súas ideas de negocio, centradas en servizos especializados a pemes de exportación e importación, un novo deseño ergonómico para bolsas e unha plataforma de impulso do comercio local. “Emprender é un horizonte transversal para todos os ámbitos do saber e todos os profesionais poden escoller esta opción, como queda nos proxectos que estrearán esta preincubadora universitaria”, destacou Salustiano Mato durante a presentación dos proxectos.
26/06/2013