Que mellor que comezar as festas de Nadal con un pouco de deporte. Esa é a oferta que propón o Club Deportivo Ciencias de la Actividad Física y Deporte, máis coñecido como CAFyD, coa celebración da oitava edición do seu trimaratón o 20 e 21 de decembro. A actividade, que se vén organizando dende a creación do equipo en 2003, ofrece 24 horas de deporte cun torneo no que se combinan tres modalidades, baloncesto, balonmán e fútbol sala. A competición disputarase no Pavillón Universitario do campus e pretende fomentar a práctica do deporte entre os máis novos, co fin de establecer hábitos de vida saudables.
15/12/2011