A violencia de xénero é un problema social complexo que afecta a un amplo espectro de mulleres apoiado nun sexismo que enchoupa calquera ámbito, incluído o universitario. Esa é unha das reflexións que a profesora Amada Traba, autora xunto con Luz Varela do Informe diagnose da igualdade na Universidade de Vigo, fai de cara á celebración este venres 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Segundo as expertas, no ámbito da educación superior esa violencia é simbólica, máis sutil, e artellada en valores e crenzas socialmente aceptadas e baseadas nun modelo androcéntrico. Esta data, aprobada polas Nacións Unidas en decembro de 1999, conmemórase anualmente dende a organización do Primer Encuentro Feminista Latonoamericano y del Caribe en 1981 e en memoria das tres irmás Mirabal, activistas políticas dominicanas convertidas nun símbolo da loita en América Latina.
24/11/2011