A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
Este luns pola tarde celébrase de xeito virtual a quinta edición das xornadas Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e a Asociación Iberoamericana de Control de Gestión (AICOGestión).
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".
Este venres fíxose público o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2023. Nel, a Universidade de Vigo sitúase por primeira vez como a universidade número 15 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. En total son sete os ámbitos nos que esta institución académica se posiciona a nivel internacional entre as universidades referentes.
A Facultade de Historia do campus de Ourense celebra este xoves e venres sendas actividades dirixidas ao seu alumnado. Así, hoxe tivo lugar a xornada A morte na Historia, na que se abordou esta temática de xeito transversal e en diferentes períodos.
Eventos como a pandemia da covid-19 e a guerra de Ucraína teñen posto o foco na vulnerabilidade da rede de subministros ante eventos “imprevistos” e nas súas consecuencias socioeconómicas. Neste contexto, socios de oito países, entre eles a UVigo, veñen de pór en marcha o proxecto europeo SARIL.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da xornada Descentralización produtiva e novas estruturas empresariais, organizada pola Facultade de Dereito, o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) e o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
Este martes arrancou unha nova edición, a quinta, de Meta. Mentores de Empresariais e Turismo de Ourense, o programa de mentorización da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá os días 16, 17 e 18 de novembro o 6º Congreso Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade.
O Museo do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá os días 27 e 28 de outubro as xornadas 50 anos de relacións diplomáticas China-España. Galicia e o seu papel nas relaciones bilaterais.
Despois do seu paso por Vigo, a exposición Arqueoloxía dixital galega xa se pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Está comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra os días 20 e 27 de outubro as xornadas Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do II Congreso Internacional Antigüidades de Oriente Próximo e Exipto. Viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.