Da man, en forma de cadea humana, amosará a sociedade viguesa o seu rexeitamento ao terrorismo machista este venres, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A campaña Enlaza Vigo, promovida polo Consello Municipal da Muller, e á que xa se adheriron arredor de 200 organismos e institucións da cidade, entre eles a Universidade de Vigo, culmina este 25 de novembro con esta cadea humana á que se espera asistan arredor de 2000 persoas, anónimas e da vida pública, cultural, social e política. O obxectivo é facer visible a condena do machismo e da violencia contra as mulleres como unha das súas consecuencias máis dramáticas.
24/11/2011