A pesar do forte vento, a chuvia e a néboa, o campus de Vigo acolleu este xoves unha nova edición do torneo Intercampus, a fase final das Ligas Universitarias de deportes colectivos. Nesta competición participaron algo máis de 150 deportistas, tanto estudantes como persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador.
22/02/2024