A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este xoves, a través do Campus Remoto da UVigo, unha conferencia sobre Tecnoloxía aplicada á xestión deportiva. Manel Varcarce, CEO de Valgo Investiment Consultoría Deportiva, foi o encargado de analizar como a revolución tecnolóxica dos últimos anos chegou tamén ao mundo do deporte.
04/12/2020