“A televisión e, de forma máis recente, as plataformas dixitais téñense convertido en poderosas canles de perpetuación dos estereotipos de xénero, que relegaron á muller aos ámbitos da beleza e o doméstico mentres afirmaban o papel masculino nos deportes, a ciencia ou a política”. Deste xeito presenta a profesora Cristina Varela a problemática que constitúe o punto de partida do seminario O vídeo como recurso didáctico en cuestións de xénero.
22/09/2020