A converxencia de tradición e contemporaneidade, a través dunha colección que emprega tanto o encaixe como tecidos tan tradicionais coma o liño, que Silvia Marra e Noemí Vidal articularon no seu proxecto Maruxa, serviu a estas dúas alumnas dos Estudos de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) para facerse, na noite deste domingo, co segundo premio no certame de deseñadores novos da XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas.
03/04/2018