O cinema italiano será o protagonista da décimo cuarta edición do Ciclo de Cine Lingua, unha proposta da Vicerreitoría de Extensión Universitaria que ten como finalidade achegar a cidadanía ás películas na súa versión orixinal con subtítulos en español.
Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns no edificio Redeiras nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor.
Un ano máis, o campus de Ourense volveu este 23 de febreiro a unirse á celebración do Día de Rosalía, efeméride posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
A Intelixencia Artificial (IA) debe ser tamén feminista. Baixo esta premisa, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, organizou este xoves unha nova xornada no marco do ciclo Conectando en Igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico.
Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, este xoves presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia, editado en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ.
Antía Cal, unha mestra innovadora. Este é o título da exposición que se inaugura mañá venres no edificio Redeiras e coa que a Universidade de Vigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
O campus de Ourense acolle este venres a celebración da xornada Voute preservar, miñoca! Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxía se dan a man, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, a Área de Normalización Lingüística e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).
A oferta de obradoiros de extensión universitaria do campus de Ourense, organizados pola súa vicerreitoría con financiamento da Deputación Provincial, volve á palestra este cuadrimestre. Desde o 5 ata o 16 de febreiro permanece aberta a inscrición, a través do Campus Activo da UVigo.
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.