A firme aposta da Universidade de Vigo polo deporte feminino segue dando os seus froitos, froitos que chegan en forma de medallas da man, nesta ocasión, do equipo feminino de loita, que esta fin de semana foi quen de revalidar en Torredelcampo (Jaén) o título de campión de España de Loitas Olímpicas. Os nomes propios da competición foron Lydia Pérez (en 63 Kg) e Noelia Lalín (en 75 kg), que acadaron sendas medallas de ouro; Nerea Pampín (en 63 Kg), medalla de prata; e Cristina Alves (en 52Kg), medalla de bronce. A elas hai que sumar tamén os éxitos en loita masculina dos seus compañeiros Pablo García, medalla de ouro en 80 Kg, e Andrés Torres, en 90 kg, que finalizou en quinto lugar.
14/05/2018