A Escola Internacional de Posgrao do Mar será o elemento clave a través do que se coordinará, xestionará e impulsará a oferta formativa de mestrado, doutoramento e formación continua do Campus do Mar. Esta era xa a idea inicial e agora, logo da celebración no campus da 1ª reunión do grupo de traballo que está a pór en marcha o proxecto, están xa definidos os principais trazos que van caracterizar un proxecto que nace coa intención de converterse nun referente formativo tanto para o ámbito empresarial como académico, xa que a idea é captar aos mellores alumnos nacionais e internacionais co obxectivo de alcanzar un mínimo do 30% de estudantes estranxeiros en 2015.
Neste encontro o grupo de traballo acordou que, inicialmente, a escola deberá definir un número moi reducido de programas de doutoramento, “posiblemente un ou dous”, especificou Emilio Fernández, o comisionado do Campus do Mar.
14/10/2010