O Universidade de Vigo de Rugby caeu derrotado esta fin de semana ante o Hernani cun resultado de 17-20, pese a que a falta de dous minutos para rematar o partido vencía ao equipo vasco por dous puntos (17-15). O partido, dirixido polo colexiado madrileño Fernández Soria, iniciouse co dominio do equipo da Universidade, sobre todo na segunda metade. Sen embargo, a piques de rematar o partido, perdeu o balón e un xogador do Hernani conseguiu ensaiar, tras recorrer case todo o campo sen que ninguén o aplacase.
22/10/2007