"Cunha cifra que rolda o millón de accidentes laborais ao ano co resultado de case 1.000 persoas falecidas, España ten a dubidosa honra de encabezar a estatística europea en sinistralidade laboral". Esta reflexión forma parte do artigo de opinión que sobre siniestralidade laboral escribe o recentemente nomeado catedrático da Universidade de Vigo na área de coñecemento Máquinas y motores térmicos, José Luis Míguez Tabarés. O tamén coordinador do Máster en Prevención de Riscos Laborais, aborda na sección de Opinión do Duvi, cuestións como a implantación hai unha década da Lei de Prevención de Riscos Laborais, a súa repercusión no mercado laboral e a incorporación da prevención de riscos laborais como disciplina académica, como resposta á carencia de formación legalmente recoñecida neste campo.
Míguez tamén reflexiona sobre a crecente demanda por parte das empresas dun persoal especialista o que obriga á formación de profesionais chamados co seu traballo a invertir a estatística que sitúa a España nunha porcentaxe de 6,3 mortos por 100.000 traballadores, fronte aos 4,1 do resto a UE.
13/11/2007