Desde este luns e ata este xoves, Madrid acolle o peche do percorrido por diferentes cidades españolas da iniciativa da Fundación Princesa de Girona Tour del talento 2024, con actividades dirixidas e protagonizadas polas novas xeracións. Entre os participantes estivo Lucas Hermida, beneficiario do programa de emprendemento da UVigo Incuvi.
70 estudantes de primeiro curso do Grao de Relacións Internacionais que se imparte no campus de Ourense (Universidade de Vigo) e no Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña) participarán este venres nunha simulación sobre o funcionamento da Organización das Nacións Unidas (ONU).
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer.
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, máis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan lazos a través de actividades lúdicas.
Ao longo desta semana, diferentes espazos de uso común do Edificio de Ferro foron acollendo a exposición de instalacións artísticas realizadas por alumnado de terceiro curso do Grao de Educación Infantil, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Enaire, o xestor da navegación aérea en España, dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, convocou o pasado ano a través do seu centro de investigación, Crida, a segunda edición do Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 2 de marzo cunha andaina de montaña que descorrerá por Cabeza de Manzaneda pola serra de San Mamede (Ourense).
Baixo o título El placer de las mujeres importa, este mércores presentouse no campus de Ourense un corto de animación que ten como obxectivo reivindicar e visibilizar a sexualidade feminina e de xeito especial o clítoris.
Carlota Fuentes, egresada do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental, é unha das seis finalistas do galardón Ciencia en feminino: Premio ao mellor Traballo Fin de Máster da Cátedra AgroBank Calidade e Innovación no sector agroalimentario, impulsada por Caixabank e a Universitat de Lleida.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.