O vindeiro luns comezarán as clases do Grao en Deseño, a única titulación de grao que se incorpora no presente curso á oferta formativa do Sistema Universitario de Galicia. Un total de 52 estudantes, preto do 90% mulleres, conforman a primeira promoción desta nova titulación, coa que se pon tamén en marcha a Facultade de Deseño.
07/09/2023