Para as persoas que se ven obrigadas, por motivos económicos, sociais ou políticos, a emprender o camiño da emigración, as fronteiras acaban sendo parte da súa vida. Así o canta Jorge Drexler nun dos seus temas, “Yo no se donde soy, mi casa está en la frontera” e é tamén o lema do XIII Congreso da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos que se celebrará en Vigo, na Facultade de Filoloxía e Tradución, entre o 11 e o 14 de setembro.
23/05/2018