A medicina “de precisión” aspira a adaptar os tratamentos ás características de cada paciente. Neste senso, os estudos xenómicos ofrecen cada vez máis datos para logralo, pero precisamente esta abundancia dificulta a tarefa: o persoal médico debe interpretar numerosas alteracións xenéticas e só algunhas resultarán relevantes para diagnosticar o tipo e estadio de cada cancro e decidir como tratalo. Para facilitar esa tarefa, persoal investigador da Universidade de Vigo e do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) acaban de lanzar o programa informático PanDrugs2.
19/06/2023