En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
Catro estudantes e catro docentes serán os beneficiarios das bolsas de mobilidade financiadas polo programa de mobilidade internacional KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
“É un curso único, debido a que nel participan profesores de diferentes países, o que permite ofrecer unha visión do Dereito Comparado na materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social".
Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.
Entre o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e mellorar as competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI da UVigo.
Tras unha exitosa estrea o curso pasado, a Universidade de Vigo volverá impartir nos meses de febreiro e marzo unha nova edición do Curso avanzado de posgrao de eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios.
O Congreso de Traballos Colaborativos cumpre 10 anos e faino, tal e como se subliñou na apertura da súa XIX edición na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, apostando máis que nunca polo incremento constante da cooperación entre titulacións.
Tras dous intensos meses de docencia, este xoves clausurouse a quinta edición do Curso de negociación colectiva e individual no ámbito laboral, unha iniciativa organizada pola área de Dereito do traballo e a seguridade social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
Unha conta virtual de 1.000.000 de euros e cinco días para conseguir o maior incremento de rendibilidade. Este era o reto que formulaba este ano a Competición en Bolsa e CRYptos. Fíxose co primeiro posto Lourdes Teixeira, egresada do Máster en Auditoría e Contabilidade.