Premiar os traballos fin de grao e fin de mestrado realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa sustentabilidade e a economía circular. Este é o obxectivo dos Premios WeSea.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación presume este xoves e venres da creatividade do alumnado que está a piques de titularse. Faino, como cada ano, coa celebración dos LPRO Days, unha actividade organizada a modo de feira tecnolóxica.
Os campus de Vigo e Ourense serán o escenario, o vindeiro 12 de maio, dun evento participativo de ciencia cidadá que ten por obxectivo que as persoas participantes identifiquen o maior número de especies nun tempo determinado.
Os problemas relacionados co medio ambiente e o cambio climático centraron este mércores a presentación de proxectos da vixésima edición do Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia na que alumnas e alumnos de distintos graos traballan conxuntamente.
Tres estudantes do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da EET participaron na primeira edición do proxecto Mentoring e Vocacións TIC do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG).
Preto dun cento de estudantes dos graos de Economía e de Administración e Dirección de Empresas asistiron este luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo á Xornada As Cooperativas Agroalimentarias en España.
Atendendo á concentración de empresas por número de habitantes Vigo é a quinta cidade do Estado español en produción editorial. Así se explicou este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución na apertura das Xornadas Tradución Editorial.
José Montero Reguera, actual decano en funcións da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, será o único candidato que concorrerá ás eleccións que o centro celebrará o vindeiro 21 de abril.
A dobraxe ao galego da exitosa serie animada Sonic Prime, estreada o pasado mes de decembro en Netflix, foi este xoves o fío condutor dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre á situación da dobraxe en Galicia.
O Mestrado en Matemática Industrial, que imparten conxuntamente as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, recibiu este mediodía o recoñecemento de Máster de Excelencia da Xunta de Galicia.
En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
Catro estudantes e catro docentes serán os beneficiarios das bolsas de mobilidade financiadas polo programa de mobilidade internacional KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds.
Coñecer de preto a arquitectura dalgún dos edificios máis emblemáticos do campus de Vigo. Este é o motivo que trouxo a Galicia a un grupo de medio cento de estudantes e docentes de arquitectura das universidades de Sevilla e da Hochshule Bochum de Alemaña.