O campus de Ourense foi o escenario escollido este mércores para a última reunión da xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), órgano no que participa a Universidade de Vigo. A sesión tivo como obxectivo facer balance e dar continuidade á actividade da entidade, que abrangue ao sector alimentario galego no seu conxunto e integra a empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións.
22/05/2019