A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo o xoves e a Facultade de Dereito do campus de Ourense este venres acolleron a conferencia O papel do dereito penal no control da criminalidade organizada: análise do caso colombiano, ofrecida por Juan Oberto Sotomayor, catedrático de Dereito Penal da Universidad EAFIT, de Medellín, Colombia. Durante a súa intervención abordou a evolución e as problemáticas asociadas á noción de crime organizado desde o punto de vista do dereito penal.
18/10/2019