“Moi contentos e máis ca satisfeitos”. Así se amosaban arredor das 12.00 do mediodía deste martes o equipo de alumnas e alumnos encargados da organización no campus de Vigo dun referendo simbólico sobre a monarquía, unha iniciativa estudantil de carácter estatal que arrancou hai apenas unhas semanas e á que xa se sumaron máis de 20 universidades públicas españolas. As urnas abriron ás 09.00 da mañá e pasadas as once xa se contabilizara a participación de máis de medio millar de persoas, sobre todo alumnas e alumnos, pero tamén algúns docentes e persoal de administración e servizos.
04/12/2018