Pola historia que contan, pola contorna na que foron escritos ou polas experiencias vitais das súas autoras, algúns libros son unha boa ferramenta para coñecer, analizar e combater as violencias que se exercen contra as mulleres. Por iso, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo decidiu escoller unha serie de publicacións para argallar, arredor delas, un ciclo de faladoiros que baixo o nome de Bibliolab abordarán a violencia de xénero como unha realidade multidimensional.
23/09/2019