Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará este xoves na libraría Librouro de Vigo a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante).
Arredor de 200 persoas, membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, sumáronse este sábado á celebración dos 25 anos das rutas culturais da Universidade de Vigo. Foi cunha andaina desde o campus de Ourense e ata o castro de Santomé.
Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
Xunto ás aulas de teatro e danza, a de música tradicional galega é unha das máis consolidadas no campus de Ourense. Este cuadrimestre, a aula esgotou de novo as súas 13 prazas dispoñibles.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
O vindeiro 18 de novembro a Universidade de Vigo celebrará os 25 anos das súas rutas culturais. Farao cunha andaina similar á que en 1999 arrancou a programación desta iniciativa, xurdida para fomentar o coñecemento da contorna.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
A Aula de Teatro do campus de Ourense rematou na cidade de Tánxer, en Marrocos, a xira que estivo realizando coa súa obra As cidades agochadas. A peza, indican desde a aula, “foi acollida de xeito excepcional polo público".
Despois do seu paso por Vigo, a exposición Arqueoloxía dixital galega xa se pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Está comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebra os días 20 e 27 de outubro as xornadas Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer.
50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, fórmanse este curso académico nas tres aulas de teatro do campus de Ourense, que este mércores arrancaron a súa actividade.
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 arrancará o vindeiro 25 de outubro a súa programación, que se prolongará ata o 15 de novembro. Nesta ocasión centrarase no teatro e a dramatización na formación da identidade lectora.
Co curso académico 2023/2024 xa en marcha, arranca tamén este mes de outubro a programación de rutas culturais da Universidade de Vigo. Este primeiro cuadrimestre serán catro as andainas.
Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i).
O espazo expositivo do campus de Ourense, a Sala Alterarte, arrancou este xoves a programación do curso 2023/2024 coa exposición Clinamen. Catro propostas de abstracción radical. A mostra está comisariada por Manolo Figueiras.