Crear unha cultura de intercambios e que o persoal administrativo da Universidade comece a pensar en clave internacional. Esas son dúas das prioridades que se queren acadar coa International Staff Training Week, organizada pola Oficina de Relacións Internacionais no marco do Centro de Excelencia Europeo Jean Monnet e que ata o vindeiro 27 de outubro reunirá a máis de 50 técnicos e responsables de relacións internacionais de 10 países europeos (República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Polonia, Grecia, Turquía, Portugal e Países Baixos). “A internacionalización é unha das nosas prioridades estratéxicas, polo que estas xornadas servirán para coñecernos mellor, reforzar o diálogo e fomentar a cooperación”, asegurou Manuel Fernández, vicerreitor de Relacións Internacionais.
25/10/2010