Soamente o 3% da poboación fala gaélico a cotío en Irlanda, sen embargo as aventuras culturais non se esquecen de vencellar esas terras celtas con Galicia. A última chámase To the winds our sails: Irish writers translate Galician poets, un libro posto en marcha entre Manuela Palacios e Mary O’Donell no que poetas irlandeses traducen ao inglés e ao irlandés parte da obra de 10 poetisas galegas de todos os tempos: Luz Pozo Garza, Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg, Marilar Aleixandre, Luz Pichel, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro, María Lado e Xiana Arias.
16/11/2010