Os Premios de ensaio e banda deseñada en galego convocados pola Área da Normalización Lingüística xa teñen dono. Na modalidade de ensaio o primeiro premio foi para Ciro Fernández, por un traballo titulado Proxeccións cartográficas do ser, mentres que o accésit foi para Rebeca López, polo ensaio O que teña que ser, será. Urxa: unha visión sobre a meiga galega. Na modalidade de banda deseñada, o xurado acordou deixar deserto o 1º premio e conceder un accésit ao traballo Os heroes do medio, de María Reimondo Saá.
07/12/2020