Baixo a coordinación dos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez en breve verá a luz da man de Edicións Xerais de Galicia Que lle podo ofrecer a quen me intente? Monográfico Lois Pereiro. É a homenaxe coa que GAELT, Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía, rende homenaxe a Lois Pereiro, “un escritor contemporáneo, un poeta do noso tempo, do noso presente cultural”. Ante a celebración do Día das Letras Galegas, Angueira, poeta, narrador e ensaista, celebra no Duvi a chegada do Vento Lois para a literatura galega loando a decisión da Real Academia polo que considera “unha aposta valente”. Dende aquí, "parabéns porque, por enriba de todo, Lois Pereiro é un grande poeta".
16/05/2011