As universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña asinaron este venres coa Xunta de Galicia un protocolo de colaboración que ten por obxecto canalizar as necesidades deportivo-académicas das e dos deportistas de elite que cursan estudos superiores, mediante o intercambio de información entre distintos organismos e o impulso de accións que contribúan a dar visibilidade aos servizos que teñen a súa disposición.
01/12/2023