A partir de agora aos estudantes do Campus de Ourense resultaralles un pouco máis difícil xustificar as súas tardías á hora de acudir ás clases. A razón, o número 20, nome que recibe a nova lanzadeira disposta polos autobuses urbanos do Concello de Ourense para acudir ao recinto universitario.
Durante todo o curso, todos os alumnos poderán acceder a este percorrido de ida e volta dende o centro da cidade, concretamente, dende o Parque de San Lázaro.
25/09/2007