Deporte, educación, saúde, cine, danza ou contabilidade. A oferta dos cursos de Extensión para este verán é moi ampla e atractiva e mentres algúns repiten de anos anteriores, outros incorpóranse por primeira vez á programación. O cálculo financeiro, adestramento en ciclismo en ruta, as novas tendencias dos centros deportivos e un ciclo documental abrirán o fogo dun total de doce cursos. A matrícula para estas actividades, que se desenvolverán nos vindeiros meses de xuño, xullo e setembro, xa está aberta. O prezo oscila entre os 30 e os 100 euros.
25/05/2009