Novos adestradores e inocorporacións nos equipos marcan a volta á competición dos clubs de baloncesto feminino e masculino do campus de Ourense. Os rapaces xa comezaron a liga esta fin de semana e con vitoria ante o Estudantes de Lugo por 71-53. Estes puntos son os primeiros no camiño de asegurar a permanencia na I División Nacional. O cadro das mozas, que se estreará a finais do mes de outubro, leva varias semanas adestrando co obxectivo de conseguir de novo o ascenso á categoría autonómica.
25/09/2007