A través de catálogos, manuais de instruccións e unha aplicación web interactiva, a Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense tentará introducir un pouco máis ás PEME´s galegas no mundo do tecnoloxía libre. A iniciativa responde a un convenio coa Consellería de Innovación ideado co fin de mudar a actitude do pequeno empresario, inda moi reticente ao cambio. Os datos falan por si mesmos, segundo o CESGA, pese a ofrecer custes moi reducidos e gran independencia respecto ao provedor, só o 10% das pequenas empresas decántanse por este sistema en Galicia. Gracias a este proxecto os empresario poderá acceder, entre outros, a unha catalogación de ferramentas, onde se especifica como conseguilas e como mantelas, e unha aplicación web con toda a información.
26/09/2007