A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
O campus de Ourense acolle este venres a celebración da xornada Voute preservar, miñoca! Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxía se dan a man, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, a Área de Normalización Lingüística e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).
A oferta de obradoiros de extensión universitaria do campus de Ourense, organizados pola súa vicerreitoría con financiamento da Deputación Provincial, volve á palestra este cuadrimestre. Desde o 5 ata o 16 de febreiro permanece aberta a inscrición, a través do Campus Activo da UVigo.
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.
A sala de exposicións Alterarte e o paseo da igualdade do campus de Ourense acollen a mostra Resalire. Con fotografía de Fuco Reyes, esta iniciativa da organización non gobernamental Igaxes forma parte da campaña #NonNosXulgues, pola desestigmatización da mocidade tutelada.
Por terceiro ano consecutivo, o coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum ofrecerá o sábado 16 de decembro, ás 20.00 h, o seu concerto de Nadal.
Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D da Universidade de Vigo, acaba de recibir en Madrid o premio IPFest á traxectoria profesional, galardón que se entrega ao abeiro do IPFest, un evento de carácter profesional que botou a andar hai agora un ano.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo participaron este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nas IV Xornadas de Tecnoloxía para o Ben Común, educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas.
A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía aproveitou este mércores a celebración da súa patroa, Santa Bárbara, para presentar o museo virtual da Colección de Minerais de Manuel de Sas, unha exposición permanente de minerais instalada en 2018 no vestíbulo central da escola.
Comeza a conta atrás para celebrar unha nova edición do festival científico CinVigo, organizado por segundo ano consecutivo polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, co propósito de converter as rúas e prazas de Vigo nun auténtico laboratorio, aberto a toda a cidadanía.