Cada día máis o mercado alimentario demanda produtos diferenciados e de alta calidade. Nesta tendencia, o porco celta está buscando un oco de futuro e, entre outros aspectos, faino apostando pola investigación para mellorar o seu produto. Nesta liña de traballo, o investigador Rubém Domínguez, no marco dun proxecto da Área de Tecnoloxías dos Alimentos do campus de Ourense, decidiu afondar na súa tese de doutoramento en como inflúe unha alimentación a base de castañas na calidade da carne do porco celta. Os resultados apuntan a unha mellora nutricional que pode facer da maridaxe entre estes dous alimentos unha versión galega dos apreciados Ibéricos de Belota, os 'pata negra' do porco ibérico. Entre outras vantaxes, a carne dos animais alimentados con castaña é máis xugosa, diminúe o seu contido de colesterol e aumenta o de ácidos graxos omega tres e ácido oleico.
24/09/2012