Cada primavera a cita de referencia na axenda cultural de Ourense e do teatro universitario galego é a Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A pesar da crise, un ano máis volve a levantar o seu pano co obxectivo de traer aos escenarios da cidade o mellor teatro universitario, e tamén profesional, galego, estatal e internacional. Será do 13 ao 28 de abril, coa participación de 29 compañías e outros tantos espectáculos procedentes de once países diferentes. Como cada edición, a Universidade de Vigo será tamén escenario e protagonista desta iniciativa. O campus de Ourense abrirá as súas portas para acoller varias representacións, obradoiros e unha exposición. Ademais, as aulas de teatro de Vigo e Ourense, coa participación dos grupos Rosaura, Cordelia, Maricastaña e Geppetto, actuarán para o público que se achegue a gozar desta intensa programación.
30/03/2012